jueves, 22 de marzo de 2012

Platera

 Na praia de Rodeira

     Era un día soleado, pasábame unha brisa xeada con olor a mar que viña máis alá do horizonte, esa brisa mariña conxeloume a gorxa.
     -Platero, ti tes frío?- pregunteille a Platero.
     El miroume con cara de pena, mentres disfrutaba da bela paisaxe da praia de Rodeira.
     A praia é grande e poderíase dicir que un enorme sol dourado no medio do océano Atlántico desaparecía pouco a pouco cara ó horizonte. As súas augas limpas e transparentes facían destacar a luz do día.
     Eu levei a Platero xunto a orilla, el meteuse un pouquiño na auga, mentres que eu o seguía pola area dourada polo sol do atardecer. As olas do mar de Cangas semellaban grandes mans que facíanlle cóxegas a Platero nas súas patas plateadas, el ía correndo ó compás dos meus pasos.
De súpeto Platero comenzou a trotar, saíu da auga e empezou a pasear ao meu lado e a xogar coa area, ainda mollada.



No Facho

Eu estaba camiñando con Platero pola beirarrúa que conducía ao Facho, cando de súpeto a miña mirada sentiuse atraída polo brillo que viña do alto da montaña verde, relucente grazas aos últimos raios do sol, que se estaba escondendo cara ó horizonte. Ao fondo da montaña, alá na cume había unha gran cantidade de castros celtas, e xa se vían dende lonxe. No horizonte alaranxado víanse tamén unhas pequenas illas. Eu lle dicía a Platero:
-Quédate con esta paisaxe amigo , mira como as olas rompen como cristais contra as rochas. Non é marabilloso?
O sol escondeuse e de seguido a noite apareceu e con ela unha gran tormenta.
Platero máis eu fómonos do Facho despois dunha gran tarde na montaña. Foi unha experiencia inolvidable. Regresamos a casa satisfeitos de haber contemplado unha paisaxe tan bela.

Platero no muíño de Fausto

Un relucente día festivo no que o sol petaba na miña ventá, as nubes cheas de algodón íanse cara o horizonte resplandecente. Platero máis eu saímos cara o muíño, polo camiño vin unha cría dun paxaro que chamaba docemente a súa nai, o paxaro era pequeno, moi pequeno, era negro como os ollos de Platero. Unha vez chegado ao muíño deixamos ó paxariño nunha árbore preto de alí.
O muíño era un paraíso para calquera animal. A cor verde da paisaxe recordábame a miña infancia nos campos de Cangas. Platero quedou sorprendido coa beleza de daquela paisaxe natural. As árbores eran altas e tiñan as follas verdes, unha das tantas follas verdes caeulle no fuciño a Platero.

viernes, 16 de marzo de 2012

Opinión


0pinión
La película del pijama de rayas es triste porque mueren dos niños uno llamado Bruno y otro llamado Smull que eran los protagonistas.

Ficha técnica


Título: El niño del pijama de rayas



Dirección: Mark Herman
País: El Reino Unido, Estados Unidos
Año: 2008
Fecha de estreno: 26/09/2008
Duración: 94 min.
Género: Drama, Thriller, Bélico
Reparto: Asa Butterfield, Domonkos Németh, Henry Kingsmill, Vera Farmiga, Cara Horgan, Zsuzsa Holl, Amber Beattie, László Áron, David Thewlis, Richard Johnson
Guión: Mark Herman
Web:

viernes, 2 de marzo de 2012

Sorolla


Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por unha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.
Outra importante faceta foi a de retratista, de figuras importantes como foi Juan Ramón Jiménez. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.
En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.